Gañadores do Concurso de relatos e poemas ilustrados (Día do Libro)

 O Equipo da Biblioteca comunicou esta semana o nome dos gañadores do Concurso de relatos e poemas ilustrados, convocado con motivo da celebración do Día do Libro. Nerea Cernada (3º ESO C) alzouse co primeiro premio grazas á peza "O soñador", mentres que Daniel Noya (3º ESO B), con "A roseira"; Lúa Iglesias (3º ESO A), con "Fusión" e Bernardo Paz (2º ESO A), con "Quedar ou marchar", resultaron dignos finalistas deste certame. 






Noraboa aos catro, ao igual que a todos os demais participantes na iniciativa, polas espléndidas mostras da súa creatividade!

Para acceder a toda a información ao respecto, non deixedes de consultar o blogue da Biblioteca do centro: https://biblioraices.blogspot.com/2021/06/ganadores-do-concurso-de-relatospoemas.html


Comentarios

Entradas populares