Benvida

 Benvidos/as ao blogue do Club de Letras do IES Agra de Raíces! 

O IES  Agra de Raíces participou durante o curso 2019-2020 no programa de innovación educativa “Club de Letras”, dedicado á reflexión sobre o significativo papel das mulleres nas artes. Da extraordinaria acollida que esta proposta de traballo obtivo tanto entre o alumnado, como entre o profesorado do centro, emana o desexo do IES Agra de Raíces de continuar formando parte desta iniciativa que potencia o emprendemento, o desenvolvemento do pensamento crítico, da reflexión, a lectura analítica e a realización de actividades creativas e funcionais, de aplicación directa ao tema abordado. Por iso, durante o curso 2020-21, os membros integrantes do Club de Letras do centro achegaranse ao concepto do “coidado como contido coeducativo”, entendido nun sentido amplo e multidireccional, que abarca a comprensión da responsabilidade e a corresponsabilidade na atención ás necesidades das persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade.



Comentarios

Entradas populares