Asistencia do alumnado de 1º ESO á representación teatral "O Milladoiro, Terra da Fraternidade"

O alumnado de 1º ESO asistiu o pasado 27 de maio ao espectáculo dramatizado "O Milladoiro, Terra da Fraternidade", integrado no proxecto JAMMIN, que estuda e impulsa a inclusión social a través das distintas artes. Dita representación, xunto co coloquio posterior cos creadores da iniciativa, celebrouse na Casa da Cultura de Cee. Os nosos estudantes participaron activamente nesta sesión de reflexión cos membros da compañía teatral, amosando o seu interese polo xerme da idea e pola forma na que actores e actrices de diversas nacionalidades puideron reunirse para planificar o texto e para incorporar nel as súas linguas de orixe nunha unidade armónica e comprensible para o espectador, suliñando o poder da imaxe, da música e da linguaxe corporal.

A rapazada colaborou, ademais, cos organizadores do evento na análise dos temas fundamentais que se abordaron na peza teatral, destacando en especial os sentimentos e as emocións experimentadas por eles ao contemplar a vinculación que o ser humano pode acadar con outra persoa completamente diferente a un mesmo se se respecta a diversidade e se potencia a paridade de valores e dereitos.

Esta representación forma parte dunha xira máis ampla que inclúe as bisbarras das Mariñas, a Costa da Morte e as comarcas do Ulla, Deza, Vedra e Lalín e circunscríbese ao contexto e fomento da igualdade que vén impulsando o Club de Letras no presente curso. A peza teatral, que plantexa a necesidade de desterrar estereotipos e convida a desenvolver dinámicas e narrativas esperanzadoras, sensibilizadas co dereito á dignidade de todos os seres humanos, está a gozar de grande aceptación entre o público asistente dos distintos centros educativos: O teatro inclusivo une os centros educativos de Cee - Cee - Que pasa na costa

Comentarios

Entradas populares