O Día das Letras Galegas no IES Agra de Raíces

 A Biblioteca do IES Agra de Raíces, xunto co Equipo de Dinamización da Lingüística, está a organizar un concurso de raps para conmemorar o Día das Letras Galegas (17 de maio). Non deixedes de consultar as bases do certame que recollemos a continuación e animádevos a participar nesta iniciativa orixinal, que mistura a literatura e a música con grandes doses de diversión.

Para inspirar a vosa composición musical nas verbas da autora homenaxeada este ano pola Real Academia Galega, podedes acudir á biblioteca do centro e revisar a producción literaria da poetisa Xela Arias. 




Comentarios

Entradas populares