Promoción dunha dieta equilibrada no Día Mundial da Saúde (7 de abril)

 Para conmemorar o Día Mundial da Saúde, que se celebrará o vindeiro 7 de abril, o alumnado da materia de Promoción de Estilos de Vida Saudable (2º ESO), guiados polo seu profesor Hipólito Santabaya, en colaboración co Departamento de Educación Plástica e Audiovisual, está a organizar un concurso de carteis para publicitar entre a nosa comunidade educativa a importancia de manter unha dieta equilibrada. Velaqui tedes os primeiros exemplos do mesmo, dúas recreacións da pirámide alimenticia deseñadas por Xabier Trillo, Andrea Rey e Gabriela Fariña (2º ESO B).

Parabéns aos tres polo magnífico resultado final!

Nos vindeiros días, ofrecerémosvos outras mostras do traballo do alumnado de Promoción de Estilos de Vida Saudable. 






Comentarios

Entradas populares