Literatura para o coidado e a atención á diversidade

 


A Biblioteca do IES Agra de Raíces preparou un padlet cunhas interesantes recomendacións lectoras para traballar a inclusión, a igualdade e o coidado e respecto cara os demais como contido coeducativo na aula. 

Non deixedes de acceder a esta  presentación, na que destacan obras como Los renglores torcidos de Dios, sobre os trastornos mentais; A ciegas en Manhattan, protagonizada pola primeira presentadora cega dos informativos no mundo; Nacido en un día azul ou La razón por la que salto, arredor do autismo; El niño que vivía en las estrellas ou El síndrome de Mozart, sobre os problemas de comunicación; El grito de la gaviota, Veo una voz ou Óyeme con los ojos, sobre a xordeira; Illa soidade, que recala no mundo dos esmoleiros e os indixentes.

https://padlet.com/agraderaices/df42f9hcheuzcpm6

Parabéns por este espléndido traballo!

Comentarios

Entradas populares