Día do libro (23 de abril)

O Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do  IES Agra de Raíces impulsou a celebración, o pasado día 23 de abril, do Día do Libro coa actividade "Palabras fermosas da Lingua Galega". O alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO plasmou as súas palabras favoritas, tanto pola súa sonoridade, como polo seu significado, de forma artística en cartolinas que foron expostas no centro. Entre todos os participantes, fíxose un sorteo de vales canxeables por literatura en galego no cal resultaron premiados:

  1. LÚA IGLESIAS
  2. ETHEL FEIJÓO
  3. NEREA CERNADAS
  4. FEDERICO GIOMMARINI
Parabéns a todos os agraciados e a todos os participantes por lembrarnos a beleza da nosa lingua.

A continuación, podedes desfrutar dalgunha imaxe que da boa conta da marabillosa iniciativa.


Comentarios

Entradas populares