Versión de "Imagine" para a celebración do Día da Paz


O Club de Letras do IES Agra de Raíces, xunto co Equipo da Biblioteca do centro, decidiron festexar o Día da Paz (30 de xaneiro) realizando unha actividade conxunta, que consistíu na gravación dunha versión sonora e en linguaxe de signos da coñecida canción "Imagine". 

A peza foi interpretada pola profesora de Lingua castelá Lara Trillo, que contou co apoio musical de Miguel Blanco ao piano (profesor de Música e coordinador da Biblioteca), Xavier Canosa Ferreira e Lucía Domínguez Costa coas guitarras eléctrica e clásica, respectivamente (ambos alumnos de 3º ESO). Asimesmo, Érika Álvarez, Gabriela Fariña, Lucía Fernández, Kevin Hawley, Ángel López, María Mouzo, Alejandro Revaldería e Naiara Vicos (estudantes de 2º ESO) foron os encargados da adaptación de diversos fragmentos da canción á linguaxe de signos. Velaquí tedes o excelente resultado final: https://drive.google.com/file/d/1Q6SPM9cwLjYU2M6osQUgWuVpHu2Uxd0o/view?usp=sharing

Parabéns a todos os participantes nesta actividade, non só polo extraordinario produto artístico acadado, senón tamén, e sobre todo, por demostrar que a paz, a igualdade, o coidado cara os demais e a atención á diversidade constitúen contidos coeducativos que soamente poden lograrse grazas á colaboración de todos, na procura do benestar común. 

Comentarios

Entradas populares