Celebración do Día da Muller e da Nena na Ciencia no Entroido do IES Agra de Raíces

 


O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Agra de Raíces, en colaboración coa Biblioteca do centro, organizou na semana previa ao Entroido un orixinal photocall para dar maior visualización aos disfraces máis creativos e axustados á temática proposta. Este ano, ambas coordinacións decidiron conmemorar de maneira conxunta o Día da Muller e da Nena na Ciencia (11 de febreiro) e o Entroido, convidando a alumnos e profesores a seguir as instrucións que o noso Meco proporcionou. Cada día da semana, era necesario integrar un obxecto propio da característica forma de vestir dunha investigadora ou científica. Velaquí tedes os resultados: https://drive.google.com/file/d/11EfhnHNkBLU29AmfLON4-8WuKZeYN3GI/view?usp=sharing

Parabéns ao Equipo de Dinamización Lingüística e á Biblioteca do centro por esta orixinal iniciativa!

Comentarios

Entradas populares