Os nosos Premios Nobel da Paz

 O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Agra de Raíces, coordinado pola profesora Teresa Llamas, convidou ao noso alumnado de ESO e Bacharelato a reflexionar sobre a importancia da paz e a equidade na sociedade actual, especialmente nos tempos de pandemia que estamos a vivir, onde a colaboración e a unión común é fundamental para a superación desta crise sanitaria e emocional. Por iso, os estudantes do centro examinaron as cualidades que, ao seu parecer, debe posuír o anualmente galardoado co Premio Nobel da Paz. Nesta ocasión, non escolleron unicamente un nome propio, senón que propuxeron múltiples e esenciais alternativas que abarcan a todas aquelas persoas anónimas que loitan a diario na procura dun mundo mellor e máis xusto: as familias, os profesionais da sanidade, a educación e os servizos, os científicos, as onegués, as forzas de seguridade do estado...

Parabéns ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega por este orixinal canto á paz e aos valores sociais!






Comentarios

Entradas populares