O Día da Educación no IES Agra de Raíces


 Para a celebración do Día da Educación (24 de xaneiro), o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración coa Biblioteca do centro e o Club de Letras, preparou un orixinal vídeo protagonizado por parte do alumnado de 1º Bacharelato para resaltar a importancia da educación no desenvolvemento da sociedade; destacando, asimesmo, a necesidade de seguir loitando por reducir e chegar a eliminar as desigualdades que se producen neste eido. A través de clarificadoras mensaxes, os estudantes de Bacharelato recórdannos que, aínda na actualidade, moitos nenos (e, sobre todo, nenas) non teñen acceso á educación. A pobreza, a escaseza de recursos, a intolerancia, os gobernos totalitarios.. impiden a igualdade de oportunidades e a formación académica e intelectual. Por iso, o noso alumnado convídanos a detectar e loitar contra esta realidade e aproveitar a riqueza persoal e cultural que nos brinda a educación: https://drive.google.com/file/d/1XxO1iZKsKAEwwuwfNFuHN3dKie9Cejqy/view?usp=sharing

Noraboa por esta espléndida reflexión!

Comentarios

Entradas populares