Día da Educación (24 de xaneiro) e Día da Paz (30 de xaneiro)

 


O Equipo da Biblioteca do IES Agra de Raíces preparou unha completa e actualizada presentación para conmemorar o Día da Educación (24 de xaneiro) e o Día da Paz (30 de xaneiro). Este produto interactivo constitúe un imprescindible compendio de recomendacións cinematográficas arredor dos valores e dereitos fundamentais do ser humano que ambas datas representan e concentran. Ademais, o traballo, en formato Prezi, inclúe unha ampla escolma de citas célebres sobre a educación e a paz, xunto cun apartado especial adicado ás reflexións de Gandhi arredor deste último concepto. 

Velaquí tedes a ligazón á presentación: https://prezi.com/p/ne_sjgqucez6/?present=1

Noraboa ao Equipo da Biblioteca do centro por este magnífico traballo recopilatorio!

Comentarios

Entradas populares