Certame de carteis publicitarios sobre as medidas de protección fronte á COVID-19

 O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Agra de Raíces organizou, ao longo do mes de decembro, un concurso de carteis publicitarios para promocionar o seguimento das medidas de prevención, protección e hixiene fronte á COVID. Nel participou o alumnado de 1º e 3º ESO, presentando ao certame traballos de excelente calidade e solvencia, tal e como podedes comprobar se accededes ás seguintes ligazóns: https://drive.google.com/file/d/1I_zUZydf4fZxbMfnfjHkepUJ4anmRzqE/view?usp=sharinghttps://drive.google.com/file/d/1PNlwz9G2pv6izWMLDvDL4kvwLQ1bC4rr/view?usp=sharing

A alumna Mariam Rhanbouri Chekkouri obtivo o terceiro premio; Uxía Felpete Romero acadou o segundo e Pablo Costa Carabel alzouse co primeiro na categoría de 1º ESO; mentres que Laura Martínez Pérez lograba a terceira posición, Lúa Iglesias Pérez recibía o segundo galardón e Rocío Rodríguez García se proclamaba vencedora na categoría de 3º ESO. 


Parabéns aos gañadores/as e tamén aos participantes no certame pola calidade e orixinalidade das súas propostas!


Comentarios

Entradas populares