Xogo de mesa sobre a Igualdade (Día Internacional contra a Violencia de Xénero)

O Club de Letras do IES Agra de Raíces está a preparar unha serie de materiais de creación orixinal para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro). Estas actividades empregaranse nas aulas ao longo da vindeira semana para concienciar ao alumnado da importancia da reivindicación da igualdade e da detección precoz das condutas contrarias a este dereito fundamental do ser humano. 

O primeiro dos recursos que vos presentamos é o xogo de mesa que podedes visualizar e descargar a continuación. Basta complementalo cun dado para comezar a poñelo en práctica. A medida que os usuarios do mesmo avancen polas distintas xanelas, haberán de responder a determinadas cuestións relacionadas coa igualdade, a coeducación e a violencia de xénero. O obxectivo da actividade é a reflexión do alumnado arredor desta problemática, da identificación de actitudes violentas e da erradicación das mesmas. 



Comentarios

Entradas populares