"Unha infancia de cine". Cortes cinematográficos para celebrar o Día da Infancia (20 de novembro)

 


O Día da Infancia celébrase cada 20 de novembro como unha maneira de conmemorar os logros conseguidos, pero tamén como unha forma de chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, de dar a coñecer os seus dereitos e de concienciar aos demais sobre a importancia de traballar cada día polo seu benestar a través de actividades sociais, culturais e económicas. 

Este día mundial recorda á humanidade que todos os nenos teñen dereito á saúde, á protección e á educación, independentemente do lugar no que nacesen ou das condicións que os rodeen. 

Para celebrar esta data, o Club de Letras do IES Agra de Raíces preparou un glosario cunha escolma de cortes cinematográficos que rememoran as películas máis significativas que abordan a temática infantil e xuvenil desde distintos puntos de vista: o abandono, a diversidade ou o maltrato, pero tamén a loita pola superación, a supervivencia e o crecemento persoal.

Non deixedes de acceder á seguinte presentación para coñecer de primeira man algúns dos filmes esenciais na procura e concienciación dos dereitos da infancia. 

Comentarios

Entradas populares