"#O machismo é pandemia". Colectivo XA

 "O machismo é pandemia" constitúe a campaña publicitaria que o alumnado da materia de Coeducación de 1º de Bacharelato do IES Agra de Raíces preparou para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O seu obxectivo é poñer de manifesto as agresións que tiveron lugar nos fogares e que o confinamento esmoreceu.

  Ademais da elaboración deste material audiovisual, Ángel Aba, Samuel Canosa, Alexia Fariña, Ana Fernández de Larrinoa, Carla Ferrío, Lara Garrido, Ariadna Herrero, Yamila Lago, Óliver López, Laura Martínez, Miguel Pérez, Naira Puente, Carmen Sánchez e Adrián Villar, guiados polo seu profesor Alberto Pombo, crearon a plataforma "Colectivo XA", activa en Instagram, Tiktok e Twitter (@colectivoxa). 


  O pasado venres, 20 de novembro, os catorce estudantes de Coeducación presentaron ao resto dos seus compañeiros/as do IES Agra de Raíces esta campaña, estreando con eles o material multimedia que podedes visualizar e descargar no blogue do Club de Letras. Non deixedes de apoiar esta iniciativa o mércores, 25 de novembro, engadindo o cancelo #omachismoépandemia ás vosas publicacións nas redes sociais. 

























Noraboa a Alberto Pombo e aos estudantes de Coeducación polo magnífico traballo realizado!









Comentarios

Entradas populares