Catálogo de eloxios para celebrar o Día da Infancia

 O 20 de novembro celebramos o Día da Infancia. Para conmemorar esta data tan especial, o Club de Letras do IES Agra de Raíces deseñou unha selección de actividades que foron realizadas polo noso alumnado. Entre elas, destacaba unha unidade didáctica sobre a obra Matilda, de Roald Dahl. Unha das súas actividades versaba sobre a idea de elaborar un catálogo de eloxios aos amigos e compañeiros de clase. Pois ben, a profesora Montse Vila, xunto cos estudantes de 1º ESO, sumáronse a esta iniciativa, creando orixinais cumpridos para todos os nenos e nenas do centro. Estes quedan recollidos na presentación que vos ofrecemos de seguido.

Parabéns a Montse Vila e aos seus alumnos por esta marabillosa tarefa!




Comentarios

Entradas populares