Guía didáctica sobre Matilda (Día da Infancia)

 O vindeiro 20 de novembro, celébrase o Día da Infancia. Para contribuír á súa conmemoración, o Club de Letras do IES Agra de Raíces elaborou unha guía didáctica sobre unha das obras máis coñecidas de Roald Dahl, Matilda

Este autor é un dos grandes referentes da literatura infantil e xuvenil. Na súa produción, destacan importantes novelas que axudaron a varias xeracións a vivir a infancia tal e como el a interpretou: como un período cheo de maxia, descubrimentos, formación, crecemento persoal, valores e moitos libros dos que aprender todo isto. Pero tamén abordou temas que, desgraciadamente, continúan de actualidade, como o  maltrato infantil, o bullying ou o desprezo ao diferente. Por iso, os seus textos seguen a ser obras ás que é necesario volver para entender que a literatura é fonte de pracer e de coñecementos, pero tamén un importante instrumento para o cambio e a concienciación social.

Imos adentrarnos na revisión de Matilda a través da seguinte caza do tesouro, sazoando a lectura da obra con outros datos sobre a novela e o autor que nos axudarán a enriquecer o contido do texto e a reflexionar sobre os valores da infancia e os Dereitos universais do Neno. 

https://sites.google.com/view/matilda1eso/introducci%C3%B3n?authuser=1




Comentarios

Entradas populares